Powered By Blogger

sábado, 9 de junio de 2012

Mapa Conceptual sobre a Ciencia


MEDIOS DE COMUNICAIÓN DE MASAS E PUBLICIDADE

Ver de maneira adecuada e o tempo xusto a televisión, non perxudica a ninguén, pero en exceso causa adición e métete nun mundo idealizado por un mesmo.

Un consumo abusivo da televisión fai que nos apartemos da sociedade e deixemos de relacionarnos incluso cos máis achegados, é dicir, a nosa familia. Todo isto fai que alonxes a realidade a un lado e empeces a serguir as "leis" e "representantes" do teu mundo, que seguramente sexan os teus ídolos televisivos.

Se estás inmerso nesa situación e alguén intenta abrirche os ollos, presentas unha resposta negativa que incluso pode chegar a ser violenta, xa que cada un sigue o que él considera correcto, e a televisión é un dos factores que desenrola, a violencia, a impaciencia.


Compórtaste como unha máquina dirixida polo seu xefe, a televisión, que dura un certo tempo, e logo pos outra no seu sitio para que siga realizando a mesma función.

É tan grande a manipulación que a televisión pode causar en nós que nos despreocupamos do esencial.









A TELEVISIÓN

                 A nova era dixital posúe unha gran cantidade de beneficios entre os que cabe destacar a facilidade e a rápida comunicación, así como a gran cantidade de información que se obtén. A pesar disto, non todo son ventaxas.

                 Neste video preténdese amosar a consecuencia, dende o meu punto de vista, máis perigosa, da televisión, que consiste en dar unhas perspectivas de vida bastante irreais, idealizano deste xeito un mundo totalmente imaxinario. Sen esquecernos tamén do poder que ten sobre nós e a adición que produce, podendo chegar a ser tan perigosa como o son a das drogas e a do tabaco, entre outras.


             Principalmente a xente xove, nenos e adolescentes, teñen ó seu ídolo televisivo e isto marca para eles, un modelo a seguir. Pero como xa mencionei antes, a televisión é un mundo subxetivo, nada é tan perfecto como parece, aínda que a personalidade e mentalidade destas persoas non está totalmente formada e é moi facil manipulala, pasando a ser real o televisado.


            Debido a isto, na vida real e en moi curtos períodos de tempo, xorden diversas modas, todas elas causadas por algún destes heroes adolescentes.


             Todas estas novidades son seguidas por un gran número de persoas nas que nun principio non provocan nada negativo, polo que é algo normal que sexan permitidas. Pero debemos ser capaces de deducir que unha adición vai cada vez máis lexos. Por exemplo, se unha noite saes e bebes, no pasaría nada. Pero se saes una, dúas, tres, catro, etc., as cousas cambian, e estás poñendo en perigo a túa saúde.
        
        Así pois, centrándonos no tema da televisión, é necesario motrar un autocotrol e ser capaz de ver ata onde chegar. Imitar ós nosos ídolos, é dicir, algo imaxinario e irreal, non é o correcto, porque ademáis de que se a ti che dan a escoller entre algo real e unha imitación escollerías o verdadeiro, pois entón, de que che sirve vestirte e peinarte igual ca alguén?


        Nalgún casos os modelos a seguir, son inalcanzables, e isto causa grandes problemas psicolóxicos e incluso físicos, chagando ó punto de ser capaz de destruirte ti mesmo. Deixando ver así, o poder que ten a televisión sobre ti, e dándolle a victoria, como ocorre neste vídeo, o ser a televisión a última imaxe en ver. Hai que ter moi en conta que "A TELEVISIÓN SEMPRE GAÑA"


domingo, 20 de mayo de 2012

SOLUCIÓNS

             Unha vez máis, a causa principal que nos fai redactar estas líneas, atópase referido á economía. Este tamén é o punto principal que defende o señor rodríguez Ibarra no seu artículo "Fregonas y maletas de ruedas", xunto coa defensa do que serían os dereitos dos nosos antepasados.

            Para iso axúdase coa defensa de que se os dereitos de autor se toman ó pé da letra, todas as cousas que nos utilizamos e do que nos servimos forron creadas por outras persoas e dese xeito tamén merecerían a parte dos seus dereitos de autor que lle corresponden.

          Rodríguez Ibarra céntrase ó mesmo tempo en que isto só ocorre co cine, a música e a lectura, pero por que non afecta a todo o demáis? Afirma que sí, que as persoas que se dedican a esas cousas son as máis perxudiaciadas, pero tamén pensa que se os prezos fosen máis razoables as cousas serían diferentes. Á maioría da xente dalle igual donde mercar, senón que se centran máis na economía.


       Pola contra, Muñoz Molina, no seu artículo defende a súa postura dicindo que todos os traballos son realizados por un número elevado de persoas e que todas estas persoas merecen a súa recompensa, e moitos dos traballos que Rodríguez Ibarra defende son beneficiosos e importantes para nós.

 Para contestar ó señor Molina, Ibarra prentende mostrar que mpoita xente se verá influenciada por todas as perdas que supón a pirataría, ya que toda a xente que se atopa detrás das canción, das películas, da publicación dun libro, quedarían sen traballo.

Debido a isto volve facer referencia o tema dos cartos intentando que só con establecer uns parámetros económicos máis ou menos rentable, quizá non desaparecería de todo a pirataría xa que a xente que se quere adicar a iso, seguiríao facendo, pero conseguiríase reducir moito.  
  
      
       

sábado, 19 de mayo de 2012

A PIRATARÍA II

       Algo tan complexo como o cerre de páxinas web, en España quíxose facer en tan só catro días. A pesar disto, sempre se fixo incapé, en que a Lei Sinde non estivese en boca de todos, sen resultados.

       A Lei Sinde consiste nun patrón de crecemento que concilie o desenvolvemento económico, social e ambiental nunha economía productiva e competitiva.

       Ó caso máis coñecido ó que máis afectou esta lei, é Megaupload. A pesar de todo, megaupload, non tería por qué estar involucrada na pirataría se os arquivos subidos e almacenados non fosen dese estilo. É dicir, se eu teño unha páxina, neste caso megaupload, e subo vídeos e arquivos relacionados comigo, ou que non involucren nin afecten ós creadores, esta páxina non sería pirata.

       Nun prinipio todo foi así, ata que co paso do tempo, as cousas cambiaron, e si que se facía cuns fins, por decilo dalgún xeito, malévolos. Empezou a afectar de maneira considerable a todo o conxunto de persoas que vivía do que eles subían e daban por prezos máis razonables. Aínda así estamos no mesmo de sempre, o tema económico.

      A pesar da repercusión que causou esta lei e dos efectos que cousou en moita xente, non debemos esquecer que a desparición de cousas insignificantes para ter outras mellores tamén afectan considerablemente á bastante xente.

     Como dixen anteriormente, esta lei tivo unha gran influencia e provocou un gran alboroto, pero como case sempre, a infromación atopábase manipulada, e o funcionamento da lei Sinde, non era como en realidade se presentara.

     Baséase en que penalice e se intente pechar ese grupo de páxinas que sexan denunciadas por un titular de dereito, e aínda que é o que sempre se creeu, este caso non finaliza coa sentencia dun xuíz, se non que pasa a unha comisión onde se permite finalizar o proceso de xeito voluntario cunhas consecuencias moito menores, pero aínda que non se realizase deste xeito, o máximo que podería facer un xuíz sería declarar o xa foi dito polas comisións e institucións que se encargan de resolver estes casos, e denegar no caso de que afecte a dereitos fundamentales.

     Á pesar de todas estas medidas, moita xente pensa que isto causa un certo medo, pero este medo rematará por esvaecerse, e volverase ó mesmo, ademáis de que o peche dunha páxina, megaupload, non significa o fin da pirataría.   

    

viernes, 18 de mayo de 2012

A PIRATARÍA


        O termo da pirataría é moito máis brusco e forte, do que se pode clasificar á xente que a exerce, por decilo deste xeito. Juan Gómez-Jurado non cree que se deba calificar dese modo a esa parte da poboación, aínda que defende os seus dereitos como escritor.

       Pensa, que aínda que a pirataría en certa parte perxudica á xente que queira vivir de ese grupo de traballos nos que se soe centrar, como son o cine, a música e os libros, que haxa tanta xente interesada por exemplo na lectura, indícanos que a xente quéreo facer, é dicir, quere leer. Pero sabendo dun xeito aproximado, os prezos dos libros, por que non facer o mesmo, pero de forma máis barata?

       A fin de todo, para a xente isto é unha cuestión económica, sobre todo, naquela xente cun nivel de vida máis baixo. Nestas situacións, se non tivesen a posibilidade de conseguir os libros, o máis seguro sería que abandonase a lectura, aínda que beneficie moito á culturizar, e incluso, a facer sentir mellor ás persoas.

     Outro exemplo moi claro, e que o seu fin é o mesmo, é o caso das bibliotecas. Por internet, os "piratas" leen os libros sen pagar, e nas bibliotecas ocorre exactamente o mesmo, e entón, que ten de especial esa xente?, por que non se califica do mesmo xeito?

     Todo isto sería posible se se fixesen novas leis, se se ampliase a mentalidade do ser humano, se se creasen licencias novas, isto beneficiaría moito a cultura e ó ben estar de moita xente, e ante todo, debemos perder o medo que nos caracteriza.

   A pesar disto, non todo son ventaxes, nen se beneficia todo o mundo. Os artistas, os escritores etc., sofren todas as consecuencias ó perder unha gran cantidade de diñeiro que lles estaría correspondendo.

   Dende o seu punto de vista, sí se debería facer desaparecer a esa xente, aínda que pode ser que isto significase un fin, un fin que se debería a que, outra vez, o económico é un gran factor que afecta a un número elevado de persoas.

    Sería bo que a pirataría se desvanecese pero á súa vez, os máis afectados deberían ser consecuentes dos seus elevados prezos, e tomar a medidas necesarias, sen esquecerse de que o estado non se apropie de ningunha parte da beneficiencia. Cuns prezos máis baixos, e asequibles, todo melloraria considerablemente. 











lunes, 26 de marzo de 2012

Captchas

           Un dos sistemas de recoñecemento máis utilizados para ver se o usuario que está accedendo a aplicación é un ser humano ou unha máquina que procesa os datos automaticamente é un captcha. Captcha significa Completely Automated Public Turing test para dicir Informática e Humans Apart, e é utilizado en formas estándar de páxinas web, sendo o máis típico unha imaxe que pode ser letras ou números, que xeralmente deformados para non ser lido con facilidade
          Todo este proceso é realizado por unha máquina denominada Turing, que é como un computador dixital, pero sen que a súa capacidade de memoria ou tempo de execución sexan limitados.
          Outra das grandes vantaxes que nos proporciona o turing é a de aumentar a nosa seguridade porque permite que as aplicacións para saber se un usuario é humano.
 Ó ser unha máquina, nun tempo mínimo é capaz de realizar miles ou millóns de probas, mentres que unha persoa levaría meses ou anos para facer o mesmo.
             O sistema ten as seguintes características captcha por definición:
   - Son completamente automatizado, é dicir, non é necesario ningún mantemento.

   - Intervención humana para a súa realización. Isto significa grandes beneficios en termos de fiabilidade e custo.
   -
O algoritmo utilizado é público.




          A pesar de todas as vantaxes que este sistema nos proporciona, non debemos esquecer os reCAPTCHA, que son unha extensión da proba CAPTCHA que se usa para recoñecer texto en imaxes.   


           Baséase no feito de que, para un ser humano pode ser simple determinar o texto presente nunha imaxe mentres que para unha máquina esta tarefa é moito máis complexo.


           O reCAPTCHA está empezando a resolver un problema: cando se dixitaliza un documento impreso tómanse fotografías del e esas imaxes son convertidas en texto empregando sistemas de OCR. Con todo, resulta que hai palabras que son difíciles de ser recoñecidas automaticamente. Estas palabras poden ser identificados por persoas máis fiables do que por un sistema de OCR comptuarizado. reCAPTCHA usa a facilidade de seres humanos, a fin de acadar un método de recoñecemento de texto moito máis fiable.
    
         A proba típica é que o usuario introduza un conxunto de caracteres que se amosan nunha imaxe distorsionada que aparece na pantalla. Isto poderíaselle chamar coma unha especie de de traballo colectivo, para o que se gastaría moito diñeiro, se se contratase a un grupo de persoas de realizar o mesmo que nos facemos, pero como traballo, é dicir, nos estamos a traballar para eles, sen que eles teñas que pagar ós seus traballadores.


 
         

domingo, 25 de marzo de 2012

O consumo colaborativo (editado)

                A miúdo mercamos cousas que non imos utilizar ou apenas o imos facer, pero a pesar disto, soen ser cousas das que non nos queremos desprender facendo así un continuo malgaste de diñeiro. Por outra banda, moita xente xeralmente, xente de idade máis maior, prefire confiar no convencional antes ca nas novas tecnoloxías.

             A pesar disto, nos últimos anos houbo algúns cambios significativos. Permitiuse grazas a Internet que os usuarios da web poidan estar conectados, facilitando o intercambio e a colaboración.

             Hoxe en día, diferéncianse moitas maneiras nas que se pode adoptar esta nova consumo colaborativo. Tal como se explica Rachel Botsman, todos poden ser agrupadas en tres tipos:


Estilo de vida de colaboración: Consiste no feito de compartir o que temos evitando así ter todos o mesmo un número repetido indefinidamente de veces. Para iso, unha boa opción é o 'couchsurfing' que consiste en crear comunidades de persoas dispostas a acomodar outros usuarios na súa casa cando viaxan, e para conseguir conectar ás persoas interesadas tense que utilizar o sistemas 'landshare "é un sistema para conectar as persoas que queren crecer con outros que teñen unha zona onde.
-O mercado de redistribución: Este xeito de consumo colaborativo baséase en que cando temos algunha cousa da que poidamos prescindir, no lugar de tirala ou gardala simplemente por pena, sería unha moi boa opción utilizar o denominado `trueque´e así aforrar unha importante suma de diñeiro. 
- Produto-servizo: Se nos poñemos a pensar en tódalas cousas das que dispoñemos, nos non requerimos o material, senón o que ese material fai, ou o que nos sentimos con el, pero como dixen antes non a `cousa´.


             Ademáis de todo o anterior, o consumo colaborativo ten deversas vantaxes, xa non só en nós, senón no medio que nos rodea. Se collemos o mesmo exemplo que puso Botsman de que se se quitan oos coches nunha cidade se contamina menos e ademais se adelgaza, aínda que non desaprecesen, se os compartísemos, o nº de coches, neste caso, diminuiría, con isto a contaminación e todos os factores negativos que ten o contruír un coche no medio ambiente, diminuirían e deste xeito, nós estaríamos aumentando a vida do noso planeta.


         Dende o meu punto de vista, sí sería unha gran oportunidade que permitiría alongar a vida do noso planeta ademáis de facer que, se por exemplo unha persoa non pode permitirse mercar máis de 2 libros ó mes, pero gustaríalle ter 3 ou 4, o consumo colaborativo permitiríalle grazas ó intercambio, por exemplo dun libro vello, de ter os que esa persoa quería.
         Aínda así, todos temos cousas que non usamos e en realidade non nos serven de nada pero non somos capaces de cambiar ou compartir polo valor que teña, ou polo momento da túa vida no que o mercaras o no que cho regalaran.


       Outro factor é que, nos aforraríamos, pero se se pensa con claridade ¿ de qué viviría a xente se non hai traballos que relizar?

sábado, 18 de febrero de 2012

Amateurización de contidos

            Os remix es as versións, normalmente teñen numerosos puntos de vista.


           Para min, e penso que para toda a xente para a que isto é só unha diversión ou un entretemento, os remix es as versións son moi beneficiosas xa que, por exemplo, unha canción que nun principio non che chamaba moito a atención, pode chegar a ser un dos teus temas preferidos.


           No meu caso, poñendo por exemplo a canción Replay de Iyaz, consegue captar máis a miña atención e polo tanto gustarme, facéndose menos monótono un dos seus remix, que aquí vos deixo.



           A pesar disto, non ocorre sempre que estes cambios sexan para mellor, é dicir, empeórase o traballo feito polo seu creador. Aínda así temos que ter en conta que isto de dende un punto de vista do ``público´´, xa que se cambiamos os papeis, e fóramos nós quen fixemos as cancións, polo menos a min non me gustaría que outra persoa, só polo feito de modificar as miñas composición consiga máis éxito, e xa non so por iso, se non tamén polo tempo que empregaría  eu na súa cración mentres que o outro xa tería a metade do traballo feito.

           No caso das versións, penso que depende máis da época, da idade que cada un tivera ou teña. Con isto quero dicir que,por exemplo no caso da canción The time of my life de Bill Medley & Jennifer Warnes e na versión The time de The Black Eyed Peas no meu caso é moito mellor a de The Black Eyed Peas xa que este tipo de música está máis ambientada para a xente xove a de The time of my life no seu tempo tivo unha gran influencia para a xente facendo así que ningunha versión fora mellor.
            Como dixen antes, nas canción os cambios non sempre, ou case nunca, son para mellor, e ademáis está moi influenciados, e no caso da películas ocorre case o mesmo, pero sen embargo habitualmente ten máis éxito unha pélicula versionada que unha canción. No caso do cine a mairía das veces non se sabe que unha película é unha versión, por iso ó ver a orixinal non che chega tanto, nin che fai sentir o mesmo que a primera.


Un exemplo dunha película que eu non sabía que estaba versionada é a de Los chicos del coro, que eu coñecía un dos éxitos do cine francés en 2004, pero resulta que isto tivo o seu comezo en 1945 creada por Jean Dréville. 





            Ó fin é que a gran subxetividade disto está en que, sobre todo o gusto é un dos factores que máis inflúen nas aceptacións dos remix e das versións.





jueves, 26 de enero de 2012

ESTANOS INTERNET A VOLVER IMBÉCILES?

          As teorías de Nicholas Carr e a de Álvaro Pelaez son moi contradictorias. As dúas nos prentenden informar das causas que teñen internet es as redes sociais actualmente en nos, pero dende puntos de vista totalmente opostos.

          
         A teoría de Nicholas Carr, preténdenos dicir que o medio que usemos para comunicarnos condiciona a nosa menxase. Por iso se pon o exemplo de Friedrich Nietzsche, que so polo feito de cambiar o método de escritura, cambiou tamén o seu contido, as sensacións que producía.

          
         Grazas a isto, e por que Carr se atreve a decir que as tecnoloxías perxudican moito á intelixencia, á memoria, ó inxenio da xente. O emprego destas tecnoloxías incita ó despiste, á superficialidade e incluso á perda da nosa humanidade.



               Todos estes aspectos Carr contraponnos co ``como se facía anteriormente´´, é dicir, antes éramos capaces de centrarnos, de profundizar por exemplo en libros. A invención da imprenta, como nos di Carr, foi un gran cambio para a xente, pero que actualmente estamos afastando dos nosos intereses.
           


                 Pola contra para Álvaro Pelaez, a culpa non era da tecnoloxía, non era de internet, non eran das redes socias, para el toda a culpa a tiña a educación. Para afrmar isto baséase en que as faltas ortográficas que se teñen en internet, son en moitos casos non porque non se sepan, se non polo feito de quedar ben cos teus amigos, por non desentonar no teu entorno. A pesar disto, non sempre se da este caso, es si que hai xente que o fai inconscientemente, pero este grupo de xente comete estes erros pola incultura que presentan.

         
   Outra das principais ideas desta teoría, é que a aparición de novas formas de escritura, non son sempre erróneas, xa que pouco a pouco se van incorporando á nosa escritura, pero agora, dende un punto de vista máis serio.

          

 Xa por último, o feito da escritura reducida, fai que se aumente máis o noso inxenio, a nosa imaxinación...etc.

                   Como se había dito e como se puido observar son teorías totalmente opostas, pero a cuestión ven agora ¿CAL É A CORRECTA?