A Lei Sinde consiste nun patrón de crecemento que concilie o desenvolvemento económico, social e ambiental nunha economía productiva e competitiva.
Ó caso máis coñecido ó que máis afectou esta lei, é Megaupload. A pesar de todo, megaupload, non tería por qué estar involucrada na pirataría se os arquivos subidos e almacenados non fosen dese estilo. É dicir, se eu teño unha páxina, neste caso megaupload, e subo vídeos e arquivos relacionados comigo, ou que non involucren nin afecten ós creadores, esta páxina non sería pirata.
Nun prinipio todo foi así, ata que co paso do tempo, as cousas cambiaron, e si que se facía cuns fins, por decilo dalgún xeito, malévolos. Empezou a afectar de maneira considerable a todo o conxunto de persoas que vivía do que eles subían e daban por prezos máis razonables. Aínda así estamos no mesmo de sempre, o tema económico.
A pesar da repercusión que causou esta lei e dos efectos que cousou en moita xente, non debemos esquecer que a desparición de cousas insignificantes para ter outras mellores tamén afectan considerablemente á bastante xente.
Como dixen anteriormente, esta lei tivo unha gran influencia e provocou un gran alboroto, pero como case sempre, a infromación atopábase manipulada, e o funcionamento da lei Sinde, non era como en realidade se presentara.
Baséase en que penalice e se intente pechar ese grupo de páxinas que sexan denunciadas por un titular de dereito, e aínda que é o que sempre se creeu, este caso non finaliza coa sentencia dun xuíz, se non que pasa a unha comisión onde se permite finalizar o proceso de xeito voluntario cunhas consecuencias moito menores, pero aínda que non se realizase deste xeito, o máximo que podería facer un xuíz sería declarar o xa foi dito polas comisións e institucións que se encargan de resolver estes casos, e denegar no caso de que afecte a dereitos fundamentales.Á pesar de todas estas medidas, moita xente pensa que isto causa un certo medo, pero este medo rematará por esvaecerse, e volverase ó mesmo, ademáis de que o peche dunha páxina, megaupload, non significa o fin da pirataría.

No hay comentarios:
Publicar un comentario