O papel que xoga Internet nestas revolucións, e en especial as filtracións de Wikileaks, os ciberataques de Anonymous e as redes sociais, está sendo discutida entre quenes defenden como gran causa das revoltas e quenes a citan simplemente como un cambio nos medios de comunicación, y nunca como unha causa profunda.
En calquera caso, a rápida comunicación a través da Rede serviu para que teñan unhas características propias, como a espontaneidade e a ausencia clara de liderado. No caso exipcio, ademais, Internet revelouse tan importante que foi prohibido polo goberno xunto aos teléfonos móbiles e, días despois, xunto á cadea televisiva Al Yazira, que xustamente emitía 24 horas as revoltas en Internet.Non obstante, os exipcios souberon comunicarse a través de artimañas e tecnoloxías antigas como a face.
Unha postura intermedia entre ambos os dous extremos é a de Manuel Castells, que aínda que recoñece que Internet non foi causa principal das revolucións (sinala a miseria, a exclusión social, a falsa democracia, a falta de información e o encarceramento como tales), chama á revolución de Túnez Wikirevolución do xasmín, porque segundo el o seu funcionamento recorda unha wiki.
Facebook e Twitter permitiron ás civilizacións do Norte de África, neste caso Túnez e Exipto, dar a coñecer en principio unha realidade que azoutaba estes pobos, como o era o réxime opresivo dos ditadores Ben Alí e Mubarak respectivamente, os cales tiñan mais de 2 décadas ao mando destes países.
Non obstante, as chamadas redes sociais adquiren tal poder que o seu protagonismo é decisivo á hora de realizar protestas cibernéticas e convocatorias para as masivas manifestacións que se realizaban en contra de Hosni Mubarak e Ben Alí.
Facebook e Twitter desenvolveron un papel clave na evolución dos acontecementos en Exipto e Túnez.
Era tan portentoso e veloz que tanto en Túnez e Exipto como o resto do mundo se lles cara a mais doado decatarse dos sucesos por Facebook que por un medio imprimido dado que o xornal saía ao seguinte día, en contraste con esta rede social que o efecto é inmediato.
Facebook e Twitter foron o motor destas revoltas, xa que a xente ao darse conta do poder de convocatoria que teñen estas redes sociais sentíronse motivados a facerlle saber á comunidade internacional o que sucedía nos seus países nun momento dado. Os exipcios e tunecinos viron en FB Y TW unha porta de saída do réxime e unha de entrada cara á democracia.









