Powered By Blogger

domingo, 18 de diciembre de 2011

EL PODER DE LAS REDES SOCIALES

Os estudos realizados polo profesor James Fower e Nicholas A. Christakis sobre o poder das redes sociais no noso comportamento baséase na influencia, dende mesmo 3 graos de separación, en nós.


Por outra parte, outro gran descubrimeinto,foi que con tan só 6 conexións se poden interconectar persoas de lugares do mundo diferentes. Isto comprobouse grazas a diversos experimentos, primeiro dentro do Estados Unidos, e máis adiante, con persoas de todo o mundo.


 Estes experimentos consistían en que unha persoa debía consegir facer chegar a outra totalmente descoñecida de diversas partes do mundo a través dos seus amigos, e os amigos dos seus amigos, e os amigos dos amigos dos teus amigos, e así, ata chegar a 6 conexións.




A pesar de que se falan de 6 graos de conexión, é necesario nomear a importancia de 3 graos de separación.

Isto baséase, como xa nomeei antes,que redes sociais favorecen ao contaxio e á influencia dos comportamentos dos amigos que temos. Aínda que sempre se di que os que máis influencia teñen sobre nós son as persoas con vínculos máis fortes, esta afirmación é errónea, xa que non son só eles son os que nos condicionan, se non tamé nos vínculos dos nosos vínculos, e os vínculos dos vínculos dos nosos vínculos. Por iso, o que nós facemos pode chegar a afectar a centenares de persoas.





Afecta de tal forma que se tes amizades obesas é máis posible que ti tamén o sexas, xa que a porcentaxe de obesidade pasou do 10% ao 40% actual. A pesar desta conclusión o caso do tabaco é extraordinario, porque como a porcentaxe de obesidade aumentou, co tabaco se produciu o contrario.

Isto foi debido ás campañas dos 80 reducindo,así de forma considerable a tendencia a fumar.

Pero todas aquelas persoas que non conseguiron deixalo, mesmo foron excluídas dos seus ámbitos sociais.

A relación destes 3 graos é tan grande que polo feito que os teus amigos non se coñezan, provócache un estado de frustación que é tal, que pode facer que che leve o suicidio.


Isto tamén pode ser debido a que, cantos máis amigos se teñan, máis amplo será o número de vínculos,facilitando así o contaxio das emocións, tanto positivas coma negativas, aínda que as emocións positivas son máis proclibes ao contaxio.
Por iso dise que as persoas cun ámbito de amigos máis amplo, terá máis posbilidades de ser FELIZ.






Por outra parte, segundo Robin Dunbar, facebook relaciónase coas aledeas do paleolítico e isto é debido a que canto máis grande sexa o neocorte excerebral dos primates, máis complexas son as súas relacións sociais e a cantidade de membros que hai no seu grupo social.

Isto é chamado como o número de Dunbar, que no caso dos humanos é equivalente a 150.

O número de persoas compoñentes dunha aldea do paleolítico e o número de soldados do exército era unha media de 150, que ao igual que o número de amigos dos usuarios de Facebook, 130, esta bastante preto ó numero Dunbar.

Se facebook fose un país sería o terceiro máis habitado do mundo.


Tras todo isto, a conclusión que sacan James Fower e Nicholas A. Christakis é que, se temos consciencia de que os nosos hábitos inlúen en centenares de persoas, o noso comportamento cambiará no bo sentido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario