A teoría de Nicholas Carr, preténdenos dicir que o medio que usemos para comunicarnos condiciona a nosa menxase. Por iso se pon o exemplo de Friedrich Nietzsche, que so polo feito de cambiar o método de escritura, cambiou tamén o seu contido, as sensacións que producía.
Grazas a isto, e por que Carr se atreve a decir que as tecnoloxías perxudican moito á intelixencia, á memoria, ó inxenio da xente. O emprego destas tecnoloxías incita ó despiste, á superficialidade e incluso á perda da nosa humanidade.
Todos estes aspectos Carr contraponnos co ``como se facía anteriormente´´, é dicir, antes éramos capaces de centrarnos, de profundizar por exemplo en libros. A invención da imprenta, como nos di Carr, foi un gran cambio para a xente, pero que actualmente estamos afastando dos nosos intereses.
Pola contra para Álvaro Pelaez, a culpa non era da tecnoloxía, non era de internet, non eran das redes socias, para el toda a culpa a tiña a educación. Para afrmar isto baséase en que as faltas ortográficas que se teñen en internet, son en moitos casos non porque non se sepan, se non polo feito de quedar ben cos teus amigos, por non desentonar no teu entorno. A pesar disto, non sempre se da este caso, es si que hai xente que o fai inconscientemente, pero este grupo de xente comete estes erros pola incultura que presentan.
Outra das principais ideas desta teoría, é que a aparición de novas formas de escritura, non son sempre erróneas, xa que pouco a pouco se van incorporando á nosa escritura, pero agora, dende un punto de vista máis serio.
Xa por último, o feito da escritura reducida, fai que se aumente máis o noso inxenio, a nosa imaxinación...etc.
Como se había dito e como se puido observar son teorías totalmente opostas, pero a cuestión ven agora ¿CAL É A CORRECTA?




