Powered By Blogger

sábado, 9 de junio de 2012

MEDIOS DE COMUNICAIÓN DE MASAS E PUBLICIDADE

Ver de maneira adecuada e o tempo xusto a televisión, non perxudica a ninguén, pero en exceso causa adición e métete nun mundo idealizado por un mesmo.

Un consumo abusivo da televisión fai que nos apartemos da sociedade e deixemos de relacionarnos incluso cos máis achegados, é dicir, a nosa familia. Todo isto fai que alonxes a realidade a un lado e empeces a serguir as "leis" e "representantes" do teu mundo, que seguramente sexan os teus ídolos televisivos.

Se estás inmerso nesa situación e alguén intenta abrirche os ollos, presentas unha resposta negativa que incluso pode chegar a ser violenta, xa que cada un sigue o que él considera correcto, e a televisión é un dos factores que desenrola, a violencia, a impaciencia.


Compórtaste como unha máquina dirixida polo seu xefe, a televisión, que dura un certo tempo, e logo pos outra no seu sitio para que siga realizando a mesma función.

É tan grande a manipulación que a televisión pode causar en nós que nos despreocupamos do esencial.









No hay comentarios:

Publicar un comentario